Éxito de participación e implicación da nova Noite Aberta de Ribeira

19 Xuño 2023

Esta finde (os días 16 e 17 de xuño) celebrouse en Ribeira un dos grandes eventos anuais do comercio local: a Noite Aberta, impulsada pola Asociación de Empresarios.

Participaron preto de medio cento de establecementos, que non pecharon até as 22.00 horas e que ofreceron importantes descontos e oportunidades aos seus clientes.

O evento incluíu tamén actividades para a rapazada, con xogos na rúa durante a tarde do sábado que incluíron inchábeis acuáticos e (a xeito de remate) unha gran festa da da escuma. Tamén houbo, igual que o ano pasado, un tobogán inchábel acuático na rúa de Lugo.

A organización (a patronal) quixo agradecer o apoio da cidadanía de Ribeira e dos establecementos implicados. “Estamos plenamente satisfeitos do desenvolvemento da xornada e foi unha alegría ver a praza do Concello chea de xente toda a tarde do sábado, co goce dos nenos e sen esquecer o obxectivo plenamente logrado de ver Ribeira ateigada de xente con motivo das diferentes actividades que con moito traballo e non menos ilusión levamos a cabo”, explicou o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez Gude, quen tamén valorou positivamente a harmonía xerada entre a Noite Aberta e outra das grandes actividades anuais da patronal, que tamén se celebrou esta fin de semana: a Feira do Automóbil Eléctrico e Híbrido, na praza de España. “Estas iniciativas”, engadiu, “redundaron nun polo de atracción de xente que encheu as nosas rúas e comercios e que nos deron un novo empuxe para seguir traballando con vistas a que Ribeira sexa unha referencia comarcal”. O presidente tamén fixo un chamamento “a todos e cada un dos nosos asociados” para que se impliquen en “apoiar a realización de actividades que reportan un gran beneficio á economía do noso pobo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.