Este domingo celébrase a Andaina de San Alberto (en Ribeira)

23 Xuño 2023

Este domingo toca calzarse as botas en Ribeira, máis concretamente para participar na Andaina á Ermida de San Alberto, que, ademais de permitirnos coñecer a capela do monte do mesmo nome (coas súas impresionantes vistas de Ribeira e a ría), axudaranos a coñecer mellor os tesouros culturais e medioambientais do concello, como petróglifos, congostras de mámoas.

Será este domingo 25 de xuño, con saída do estacionamento do punto limpo de Xarás ás 10.00 horas. A ruta terá un percorrido de 10 quilómetros e farase a “ritmo lento” con paradas breves. A dificultade é moderada (con algunhas subidas “duras”). Rematarase aproximadamente tres horas despois da saída, sobre as 13.00 horas. Abaixo, no cartel, podemos ver o enderezo do formulario web para facermos a inscrición. Organiza a Asociación de Veciños de Carreira en colaboración co Concello de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...