
A Policía Local de Ribeira informa de que no control preventivo de alcol e drogas realizado esta madrugada na avenida de Ferrol, dous dos 50 condutores que se someteron ás probas deron positivo en drogas (un por cocaína e o outro por THC).
Os seus vehículos foron inmobilizados no lugar dado que non había condutores habilitados.
Por outra parte, tamén se tramitou unha denuncia por ITV caducada



