O paseo marítimo de Coroso vén ser obxecto da instalación dun novo módulo co que dotar a este espazo de novos aseos públicos a través dunha instalación accesible e integrada no entorno, ao tempo que resistente ás condicións meteorolóxicas xa que a intención é que estean operativos os doce meses do ano.
Neste senso, o cerramento exterior do módulo está formado por unha fachada composta de dúas follas, unha exterior e outra interior. Como equipamentos, dispón de 7 unidades de inodoros cerámicos de cor branca (un dos cales será adaptado e deberá ir equipado cunha barra de suxeición con forma de U), tres lavabos, tres espellos e un cambiador de cueiros, entre outros elementos. Así mesmo, o módulo dispón de rampla de acceso adaptada.
A actuación foi acometida por Montajes y Estructuras Patiño, S.L.U, e supón un investimento de 39.930 euros, IVE incluído.
Aseos portátiles nas praias
Ao fío disto, cómpre informar tamén de que onte formalizouse o contrato de aluguer, mantemento e limpeza de aseos químicos a instalar nas praias do municipio durante a tempada de verán. Trátase dun total de 16 aseos que estarán operativos durante os meses de xullo e agosto.
A empresa adxudicataria resultou Suministros Generales Manufacturados conforme a un importe de 25.410 euros, IVE incluído.




