Este mércores 21 de xuño celebrouse en Dodro a exhibición das Escolas Deportivas Municipais 2022/2023, coas que se puxo o broche de ouro ao ano formativo. Foi, en palabras da Área de Deportes do Concello, “unha pequena mostra do aprendizaxe, que con moita constancia, conseguiron os diferentes grupos das actividades deportivas ao longo do curso”.

Desde o Concello de Dodro agradeceron a boa acollida e participación de todas as persoas usuarias deste servizo, e tamén a adicación e profesionalidade do monitorado, neste caso en concreto de Alba Oliveira e Manuel Bouzas.
“No Departamento de Deportes continuamos coa programación deportiva, co ximnasio municipal disposto para aquelas persoas que desexen exercitarse, co inicio dos campamentos deportivos e co mantemento das instalacións deportivas”, engaden dende a dita área municipal.




