Carlos Herrera embárcase desde Corrubedo no Camiño A Orixe

26 Xuño 2023

Este luns o xornalista Carlos Herrera embarcouse no Camiño A Orixe desde o faro de Corrubedo. O seu obxectivo é completar o percorrido ata Padrón e desde alí seguir polo Camiño Portugués ata alcanzar a catedral compostelá.

O líder da radio española iniciou fai catro días o seu periplo por Galicia, realizando un tramo do Camiño Francés pola provincia luguesa. Desde alí, deu o salto á nosa comarca para percorrer o roteiro xacobeo que discorre por Muros-Noia. Desde Instagram cualificou o trazado de extraordinario referindose a Esteiro, Noia e Outes

O presentador da cadea COPE anunciara xa o ano pasado a súa intención de percorrer o Camiño A Orixe. Fíxoo durante unha entrevista que lle realizou ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz. Naquel programa, o rexedor non só convidou o xornalista a embarcarse no roteiro xacobeo, senón que tamén lle propuxo visitar a illa de Sálvora e degustar manxares da zona como os percebes de Aguiño.

Instagram : (@carlosherrera2017)

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.