Boiro entre os concellos de Galicia que recibe axudas para reparar infraestruturas danadas polos incendios forestais rexistrados no 2022

24 Xuño 2023

O Ministerio de Política Territorial concedeu 4.509,46€ euros a Boiro para reparar infraestructuras municipais afectadas polos incendios do verán pasado.

Resolve así a convocatoria publicada o pasado mes de  decembro destinada a conceder axudas a entidades locais polos danos  causados por distintas emerxencias, entre elas, os incendios forestais.
 
En Galicia tiñan dereito a estas axudas todos os concellos cuxo  territorio foi declarado “zona afectada gravemente pola emerxencia de  Protección Civil” polo (ZAEPC) polo Consello de Ministros do 23 de 
agosto. Entre estas zonas estaban varios concellos galegos afectados  por 20 grandes incendios forestais declarados entre o 15 de xullo e o  10 de agosto. Tratábase de 9 lumes na provincia de Ourense; 5, en 
Pontevedra; 3, na Coruña e 3, en Lugo.
 
O total do importe destas subvencións destinaranse a executar obras de  reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos e  instalacións e servizos de titularidade municipal de Galicia. A
subvención cubre o 50% do total do custe das reparacións. O Ministerio  financiará proxectos nos concellos de Arbo (Pontevedra), Quiroga e  Palas de Rei (Lugo), Carballeda de Valdeorras (dous proxectos neste  Concello), Oímbra, O Barco de Valdeorras e Rubiá (na provincia de  Ourense) e Boiro, na provincia da Coruña.

O concello ribeirense recibirá 4.509,46€ de subvención de 9.018,93€ do importe presentado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.