Esta fin de semana retómanse (logo da festividade do Corpus deste domingo 11 de xuño, que incluíron unha misa solemne cantada con orquestra e unha procesión con banda música) as Festas do Verán da parroquia de Artes (Ribeira). As actividades volven este venres 16 de xuño, adicado a San Antonio. Comezará a xornada festiva con dianas e alboradas a primeira hora de mañá (acompañadas por Os Liantes) e proseguirá cunha misa solemne (ás 12.30 horas), unha gran festas para os rapaces (ás 17.00) e, pola noite, unha verbena amenizada polo Grupo Reflejos e Planet Disco Móvil.
O sábado 17, adicado á Virxe do Carme, volven ao mediodía Os Liantes e pola noite está prevista a actuación do Grupo Platinum e, novamente, Planet Disco Móvil. O domingo vén con misa solemne (ás 11), sardiñada e churrascada (ás 13.00) e baile (ás 14.30) amenizado por Os Liantes e o Grupo Arena.




