Arrinca en Ribeira o Xuño da Cultura e as Artes con múltiples actividades para todo o mes

01 Xuño 2023

Este xoves 1 de xuño arrinca en Ribeira a novena edición do Xuño da Cultura e as Artes: un programa que coordina a Concellería de Cultura coa suma do esforzo de entidades, asociacións, colectivos, agrupacións, comisións, institucións e áreas municipais, e que supón, en palabras da concelleira María Sampedro, “o mellor escaparate para amosar o labor cultural e artístico da nosa xente”.

A edil Cultura en funcións, María Sampedro, encargouse esta mañá de debullar o programa, que naceu con tres obxectivos fundamentais que se seguen a manter edición tras edición como son:

-Poñer en valor o traballo cultural do tecido social do municipio.

-Mostrar a cultura na rúa a través de diversas actividades culturais en todas as disciplinas artísticas.

-Realizar polo menos un acto cada día do mes de xuño, combinando a cultura de pequeno formato cos medianos eventos adaptados as actuais circunstancias.

“Serán”, engadiu, “trinta días de grande intensidade, nos que a música, o teatro, a literatura, o folclore, o baile, a festa ou a exaltación das nosas raíces irán da man para que ninguén quede sen o seu evento, para que todos e cada un de nós teñamos cando menos unha actividade coa que nos sintamos plenamente identificados favorecendo a participación social”.

Ademais, todos os actos son gratuítos con entrada de balde e hai algún solidario con entrada como a Andaina do Camiño a favor de Cruz Vermella ou a Travesía a Nado Illa de Rúa a favor da AECC, seguindo a liña habitual desta concellería.

A programación inclúe un cento de actividades a cargo de corenta asociacións participantes e na que o Concello tamén contribúe con diferentes accións organizadas polas distintas áreas municipais.

Así, a Concellería de Cultura, ademais de coordinadora de todo o programa, organizará distintos eventos como a inauguración este xoves da exposición Meus Tempos da artista Novais no Centro Cultural Lustres Rivas ás nove da noite; previamente haberá no CC Lustres Rivas unha charla-coloquio sobre a Prostitución: Políticas públicas abolicionistas a cargo de Celia López Carballido e organizada por Mulleres en Acción e Médicos do Mundo; mañá será a entrega do premio da IX edición do Concurso de Novela Curta, os obradoiros infantís de Cruz Vermella, a Clausura da Escola de Ximnasia Rítmica e a Mostra Infantil co Grupo de CEIP de Artes e o sábado a Copa Sálvora e a clausura da Mostra de Teatro Infantil coa actuación do Grupo Infantil Municipal de Teatro e a súa obra O Principiño; para rematar este finde, o domingo celebrarase a Copa Sálvora, a XVIII carreira popular Virxe da Guía e o Festival de Baile da asociación Alfaia.

O acto institucional de clausura deste programa será o venres 30 de xuño ás 21.00h no Auditorio Municipal, e contará cunha actuación do grupo de canto e pandeireta As 7 linguas da asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, contando ademais coa a entrega dos agasallos, de cerámica galega co escudo de Ribeira e diplomas conmemorativos desta edición a todas as entidades participantes.

Para a difusión deste programa editamos folletos de man, que xa se comezarán a distribuír a partir de hoxe, e nos que se presentan todos os actos organizados por día. Ademais toda a información e programación diaria estará colgada na páxina web municipal (ribeira.gal) e redes sociais, “o que nos permitirá a súa actualización constante en caso de variacións por incidencias, climatoloxía así como a incorporación de novas actividades”, sinalou a concelleira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.