Adxudicadas as obras da nova depuradora de Urdilde, no concello de Rois

21 Xuño 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 819.030 euros a execución das obras da nova estación depuradora de augas residuais da parroquia de Urdilde, no concello de Rois.

Esta actuación, adxudicada á empresa Proyecon Galicia, S.A., ten como obxectivo a mellora do saneamento neste municipio coruñés e dará servizo municipal ao núcleo urbano da Calle e ao núcleo e Macedos. Os traballos contan cun prazo de execución de 8 meses.

Con esta intervención a Xunta responde á solicitude trasladada polo Concello para arranxar as deficiencias do sistema de depuración do núcleo urbano de Urdilde, con carencias no deficiente funcionamento da depuradora, na accesibilidade para poder realizar as operacións de mantemento e na distancia ata o punto de vertido, próximo ao rego dos Casteláns, a 350 metros.

Os traballos a executar

O actual sistema de depuración do que dispón o núcleo da Calle, en Urdilde, no concello de Rois, presenta deficiencias de funcionamento, carencias respecto da accesibilidade para poder realizar as operacións de mantemento e unha elevada distancia ao punto de vertido. 

A Xunta e o Concello coinciden na necesidade de abordar a mellora do sistema de depuración das augas residuais deste núcleo a través da construción dunha nova depuradora en Urdilde, localizada máis preto do punto de vertido.

Deste xeito, garantirase o cumprimento dos obxectivos de vertedura ao medio receptor, dimensionando a depuradora para a conexión futura de toda a parroquia á rede de saneamento, de tal modo que a depuradora proporcione tratamento á totalidade das augas residuais producidas na área.

Segundo recolle o contrato que se vén de adxudicar, as obras consisten na execución dunha nova estación de tratamento de augas residuais con sistema de depuración por biodiscos e o desmantelamento da depuradora actual de Urdilde, que se manterá en funcionamento ata a entrada en servizo da nova infraestrutura.

O novo sistema estará dotado de arqueta de chegada, by-pass xeral, desbaste mediante dobre canle, pretratamento mediante tanque Imhoff, con zona de decantación e zona de dixestión, tratamento biolóxico e medida de caudal de auga tratada.

Ademais, executaranse 519 metros de colector desde a estación actual ata a arqueta de entrada da futura depuradora, e disporase de 61 metros de colector desde a arqueta de saída ata o punto de vertido. Tamén se acondicionará o acceso á nova depuradora.

A nova depuradora de Urdilde non só terá capacidade para tratar as augas de 546 habitantes equivalentes do núcleo urbano da Calle e de Macedos, senón que estará dimensionada para a conexión futura de toda a parroquia á rede de saneamento.

Estas actuacións enmárcase no convenio de colaboración asinado co Concello de Rois, polo que a Xunta achegará o 80% do investimento e executará as obras; e a administración local financiará o 20% restante e asumirá as xestións para posibilitar os traballos, a recepción, mantemento e conservación da infraestrutura hidráulica unha vez realizada a obra. 

As obras contarán coa financiación da Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...