A veciñanza de Outes reconstrúe a súa memoria na Rede (coa axuda de Berrobambán)

20 Xuño 2023

A compañía Berrobambán iniciou en setembro, no concello de Mañón, a segunda temporada de Facer Memoria, un proxecto escénico e participativo que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña e que proseguiu a súa xira por Teo, Carballo e, a partir de novembro, tamén en Outes, poñendo o foco en Cando en San Lourenzo, coa participación activa do IES Poeta Añón. O obxectivo viña sendo “reunir á veciñanza e compartir historias e anécdotas para reconstruír a memoria local”. A iniciativa é conducida pola dramaturga e narradora oral Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Pereira. Un dos seus obxectivos foi achegarse ao público en formato podcast, ou sexa, con feitura de arquivo sonoro dispoñíbel online. Dende o Concello de Outes lembran que xa se atopa dispoñíbel este ficheiro, e que tamén podemos acceder a estes contidos a través de Youtube.

O proxecto desenvolveu en Outes, ao longo dunha semana, un completo programa de accións e actividades que incluíu entrevistas individuais con veciños e veciñas que quixeran compartir as súas experiencias vitais, xuntanzas abertas nos centros sociais de cada parroquia, reunións con escolares que tiveran traballado na aula a recuperación da memoria local e, finalmente, un encontro-espectáculo no que participasen as persoas entrevistadas.

A novidade nesta segunda edición de Facer Memoria tivo que ver co son e a imaxe, xa que todas as entrevistas foron gravadas. Con este material, desenvolveuse a devandita peza sonora, en formato de podcast, na que se recollen algunhas das historias contadas pola veciñanza para ampliar a súa difusión. Ademais, artellouse unha peza audiovisual a xeito de resumo da actividade de Facer Memoria en cada un dos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.