A sede da patronal de Ribeira acolle o 28 de xuño unha xornada para axudar ás empresas a gañar clientes e incrementar rendibilidade

13 Xuño 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira prosegue este mes de xuño coas súas actividades de formación e divulgación destinadas a incrementar a competitividade, a transformación, a eficiencia e a rendibilidade das empresas locais, amais da súa capacidade para manter clientes e atraer outros novos.

Sen ir máis lonxe, o vindeiro mércores 28 de xuño está prevista a celebración da xornada 7 claves para conseguir clientes en pouco tempo. Será impartida polo experto Fernando Salinero, escritor, consultor de empresas e formador de directivos, empresarios e profesionais, amais de ser un referente no ámbito das conferencias motivadoras.

Celebrarase no local da Asociación de Empresarios (na rúa Rosalía de Castro) o mércores 28 a partir das 21.00 horas. Cómpre facer unha inscrición previa no teléfono 981 87 37 19. A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.