A praia de Broña en Outes contará con cinco socorristas este verán

27 Xuño 2023

A praia de Broña conta dende o pasado sábado 24 de xuño cun servizo de socorristas, logo de que o Concello culminara a contratación de cinco profesionais, financiados pola Consellería de Promoción de Emprego e polo propio concello, e que estarán en activo até o 17 de setembro. Deste xeito iníciase a tempada de verán no principal areal do termo municipal outense, que é tamén unha das praias máis con máis afluencia en toda a comarca.

O alcalde en funcións, Manolo González, sinalou que este ano se conseguiran cubrir todas as prazas ofertadas e se superaran os problemas do ano anterior, onde só se cubriran dúas prazas das ofertadas. Neste sentido, subliñou tamén que a Xunta de Galicia debería facilitar o acceso ás titulacións necesarias para os aspirantes a socorristas profesionais, e evitar así as tensións que viven os concellos ano tras ano para dotar deste servizo aos seus areais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...