A Pobra incorpora a ruta turística guiada polo río das Pedras no calendario estival

13 Xuño 2023

O Concello da Pobra achega este verán unha actividade para coñecermos a fondo a contorna do río das Pedras, unha paraxe de gran riqueza que aglutina natureza, cultura, historia e lendas. Así, o Concello decidiu engrosar o calendario de actividades para a tempada estival incorporando por segundo ano consecutivo unha ruta turística guiada por este espazo que se erixe como un dos principais reclamos paisaxísticos da localidade, segundo avanza a edil do Turismo en funcións, Charo Varela.

O itinerario partirá nos días 14 e 28 de xullo, así como no 11 e 18 de agosto. Ten unha duración de 3 horas que se traducen en aproximadamente 2 quilómetros a pé. A dificultade é media-alta, polo cal está recomendado para maiores de 12 anos.

Un autobús efectuará o traslado ata o lugar de saída, polo cal se establece o aparcadoiro situado fronte á praza de abastos como punto de encontro, ás 10.00 horas.

O importe para pagar sitúase nos 13’50 euros por persoa e as prazas son limitadas. Requírese a inscrición previa na oficina do turismo -Casa Mariñeira-, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...