“A pesca marítima non ten expectativas favorables por mor do cambio climático” – Antón Luaces

14 Xuño 2023

Ben sei que non é nada novo, pero debemos cavilar ao respecto: importantes poboacións de peixes de mares e océanos abandonan os seus caladoiros cotiáns para se adaptaren ao aumento da temperatura da auga.

A consecuencia do cambio climático , esas especies desprázanse cara os polos terrestres na procura de condicións máis frías ou polo menos semellantes ás que ata o de agora eran cotiáns para cada unha das especies.

Vai máis de vinte anos tiven unha chamada telefónica dos responsables dun centro de estudos asturiano adicado á investigación da evolución da vida mariña e, no programa Españoles en la Mar (que eu presentaba e dirixía en Radio Exterior de España, REE) alertaban polo descubrimento en augas asturianas -que como se sabe non son en absoluto “quentes”- de especies de peixes que se sabía eran renuentes a abandonar as augas mediterráneas. De feito, afirmaban, só se localizaban no Mediterráneo.

Foi, repito, vai máis de vinte anos. E agora, investigadores da Universidade de Glasgow (Reino Unido) publican un estudo -no que inclúen resultados de moitos outros estudos xa publicados- no que recoñecen que ata o de agora a maior parte das pescudas nesta materia foron realizadas con especies de valor pesqueiro/comercial, polo que existe un nesgo que debería completarse con investigacións realizadas con moitas outras especies de animais mariños.

Os investigadores da Universidade de Glasgow advirten de que non todas as especies mariñas poden migrar e adaptarse ás novas condicións climáticas, e mesmo que algunhas das preparadas para se desprazar podan sufrir graves perdas debido a que nas novas augas frías non atoparan hábitats nen alimentación axeitados para a súa supervivencia.

Este novo estudo permite aos seus autores constatar que resposta dan ás poboacións as poboacións de peixes nos océanos da Terra ao aumento da temperatura no mar.

Engaden que, en resposta ao quecemento dos océanos, moitas poboacións de peixes están a desprazarse cara os polos terrestres ou a augas máis fondas no seu intento  de manterse frescos.

Sendo así, cabe preguntarse se os ciclos aos que sempre se dixo se ven sometidas especies como a sardiña, a xarda, o bonito ou a anchoa -entre outras- teñen máis que ver co cambio climático no Atlántico e no Cantábrico que coa condición propia da especie da que se trate?.

Os cambios na vida mariña causados polo quecemento global foron ata sete veces máis rápidos que a resposta dos animais en terra. O cambio climático  está a provocar impactos importantes  nos ecosistemas mariños, coa desaparición total de especies de peixes nalgúns lugares. A temperatura é un factor importante pero tamén o é como contribúe a este feito a acidificación do mar. Os océanos están  a se volver máis acedos porque absorben máis CO2 da atmosfera e, ao mesmo tempo, diminúen os niveis de osíxeno.

Os peixes mariños poden, nalgúns casos, adaptarse ou mudar aspectos da súa bioloxía para adaptarse a condicións máis cálidas ou acedas. Noutros moitos casos, un cambio no rango  xeográfico pode ser o único medio de facer fronte ao rápido quecemento e, no caso dos moluscos, a acidificación pode ser mortal.

Tira como conclusión ese estudo que existe unha tendencia sorprendente na que as especies que viven en áreas que se están quecendo máis rápido tamén amosan os cambios máis rápidos nas súas distribucións xeográficas.

As taxas de quecemento poden ser demasiado rápidas para que os peixes se adapten a elas, polo que a reubicación sería a súa mellor estratexia de supervivencia. Pero a pesca tamén inflúe: as especies explotadas comercialmente móvense máis lentamente. Queda por ver como afectarán os cambios ás redes alimentarias e aos ecosistemas. Porque… e se a sobrepesca non é a culpable única da redución da presenza de peixe nos ecosistemas?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.