A narración oral volve á Pobra con dúas funcións do Festival Atlántica

26 Xuño 2023

A undécima edición do festival internacional de narración oral Atlántica levará historias non só a distintos puntos de Galicia, senón tamén a Portugal.

A Pobra do Caramiñal constitúe unha das sedes deste evento cultural, polo cal a localidade será escenario de dúas funcións no mes de xullo.

A primeira enmárcase no bloque adulto. Rilo & Penadique xuntarán a palabra dita e a música en Lavandeiras, que terá lugar no adro da igrexa do Castelo. Descubriranlle ao público no día 1, ás 21.00 horas, todo o patrimonio oral que rodea os lavadoiros e este oficio desenvolvido tradicionalmente polas mulleres.

E, no programa infantil e familiar, Pakolas levará Rockeando con Ramona pequena ao Cantón da Leña. Alí contarase e cantarase a historia dunha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. As persoas asistentes mergullaranse nunha aventura didáctica e rockeira na cal aprenderán que os soños poden facerse realidade. Será no día 6, ás 20.30 horas.

Ámbalas dúas son de balde e contan coa colaboración da Concellaría da Cultura, atopándose enmarcadas na axenda Verán Cultural 2023. Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.