“A metadona non cura” – José Manuel Pena

21 Xuño 2023

Seguimos mirando para outro lado. Decenas de drogodependentes, cada día, deambulando polas rúas dos centros de pobos e cidades: algúns trapicheando, pedindo esmola, roubando, sen un futuro e esperando pola morte, que lles chega máis temperán que tarde… Mentres os responsables políticos seguen sen tomar medidas, que teñen que pasar por recoñecer a súa “enfermidade” e por tanto a súa incapacitación para decidir e buscarlles centros debidos para a súa rehabilitación e poder saír desta secuela.

Pola súa banda os centros asistenciais e de dependencia, moitos dos cules teñen profesionais e medios máis que suficientes, tamén teñen algo máis que dicir neste asunto e non todo pode basearse en realizar meros “controis” periódicos e facilitarlles “metadona”, que non cura.

Tampouco podemos nin debemos esquecernos que tamén a seguridade e integridade do resto de persoas é importante e necesario garantilas. O certo e real é que pasa o tempo e seguimos culpabilizando aos drogodependentes da súa situación, mentres á súa costa enriquecéronse demasiados “honestos” personaxes que sempre presumiron de xerar emprego, sen ruborizarse.

Como case sempre este, como outros tantos asuntos, é cuestión de vontade política e de dar prioridade ás persoas por encima de investimentos faraónica ou de obras innecesarias. Todas as forzas vivas de calquera pobo demándano para garantir a protección á saúde de todas esas persoas e ademais para a propia seguridade das súas tendas, comercios ou negocios en xeral que, en demasiadas ocasións, sofren as consecuencias de actos violentos.

Outros artigos

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.