A comunicación de guerrilla para facer un mundo máis sustentábel centra unha actividade formativa en Rianxo a finais de xuño

07 Xuño 2023

O proxecto People & Planet: un destino común, cuxo obxectivo é concienciar á mocidade europea sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentábel, vai facer unha parada os días vindeiros en Rianxo, concretamente o xoves 29 e venres 30 de xuño de 10.30 a 13.30 horas no Centro Social Liceo de Rianxo.

A iniciativa People & Planet, impulsada na nosa terra polo Fondo Galego de Cooperación, busca sensibilizar á xuventude local na necesidade de atopar hábitos e modos de produción que acheguen alternativas limpas, socialmente responsábeis e respectuosas co medio ambiente.

Unha das actividades abeiradas ao proxecto é Comunicación de Guerrilla, un obradoiro de 6 seis horas impartido por AGARESO que ten como obxectivo coñecer as técnicas da comunicación de guerrilla para deseñar e poñer en marcha unha “acción de rúa” que a través do enxeño e a creatividade, provoque unha reflexión na cidadanía. O tema proposto para reflexionar neste caso será a sustentabilidade vinculada coa auga e a auga como Dereito Humano fundamental.

En Rianxo celebrarase como dixemos o xoves 29 e venres 30 de xuño de 10.30 a 13.30 horas no Centro Social Liceo de Rianxo. Máis información en xuventude@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.