A bandeira azul xa ondea no Club Náutico de Cabo de Cruz (Boiro)

29 Xuño 2023

Este xoves 29 de xuño celebrouse o izado da bandeira do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz. Participaron o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e o alcalde José Ramón Romero, entre outros representantes do Goberno local. A bandeira azul, que acredita criterios moi rigurosos de calidade nas contornas onde ondea, é un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece anualmente a areais, portos deportivos, centros e sendeiros de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Na comarca do Barbanza o Club Náutico de Portosín e a praia de Coroso en Ribeira tamén contarán con este recoñecemento

Trenor lembrou que “en Galicia contamos con 139 bandeiras e distintivos azuis que validan o compromiso da comunidade coa conservación do patrimonio natural e consolídana como un referente do turismo seguro e sustentábel”. Trenor subliñou que Galicia “é a terceira comunidade con máis bandeiras azuis” e lembrou que “unha de cada cinco praias” con este distintivo en España é galega.

Este ano son 113 areais, 12 portos deportivos e 14 centros azuis (aulas do mar ou da natureza) os que acadan bandeira ou certificado azul pola calidade das súas augas, a xestión medioambiental e os servizos ofrecidos. Ademais Galicia conta con 35 sendeiros con bandeira azul (entregadas no mes de febreiro) que a sitúan como a comunidade con máis camiños que acadan esta distinción de todo o país.

Un orgullo para o club e para o concello

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañou ao delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e o presidente do Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, no izado do distintivo Bandeira Azul no náutico.

“É un orgullo levar tantos anos coa bandeira azul, cumprimos unhas auditorías medioambientais que fai que os nosos socios e usuarios do náutico se mentalicen sobre a ecoloxía mariña”, afirmou Manuel Fajardo. “Este distintivo é tamén un recoñecemento á sostibilidade e accesibilidade, ademais da calidade dos servizos”, afirmou Gonzalo Trenor.

Pola súa parte o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, eloxiou o traballo que levan a cabo dende o Club: “O turismo náutico está en auxe e é algo que temos que seguir traballando e potenciando. Temos a sorte de vivir nunha das rias máis ricas, navegábel os 356 días do ano, e debemos potenciar este recurso natural que é o noso mar”.

O alcalde de Boiro destacou tamén a colaboración entre o Club Náutico e o Concello para levar a cabo actividades e propostas que promovan o turismo náutico e Boiro como destino. “A traxectoria do náutico foi en aumento ano a ano e as novas instalacións coas que van contar agora van supoñer un salto de calidade no servizo”, afirmou José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...