A actuación de Drag Atlantis incorpórase á programación A Pobra con Orgullo

28 Xuño 2023

Este 28 de xuño celébrase o Día do Orgullo e, un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal impulsa actividades coas cales enxalzar e festexar esta data para, tal e como apuntan a concelleira da Igualdade en funcións, Charo Varela, e o seu homólogo da Mocidade, José Andrés Lojo, “contribuír a visibilizar a reivindicación do colectivo LGBTI+ e instar a promover a tolerancia, a igualdade e a dignidade de tódalas persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero”.

Á programación xa anunciada incorpóraselle agora a actuación de Drag Atlantis, que, do mesmo xeito ca o resto de propostas, desenvolverase o venres 30 para facilitar a asistencia das persoas interesadas coa praza Alcalde Segundo Durán como epicentro.

A festa Holi marcará o inicio da xornada ás 20.00 horas ao encher a tarde de cor. Continúa aberto o prazo para se anotar, trámite que se debe formalizar no documento habilitado polo Concello. Farase a entrega dunhas lentes e pigmentos en distintas tonalidades no propio día do evento, a partir das 19.45 horas. Anímase, ademais, a acudir con vestimenta branca para que as cores resulten máis vistosas.

Máis tarde, ás 21.30 horas, terá lugar o Drag Show Atlantis e a música virá da man de Mega Disco Chocolate, das 23.00 horas en diante.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.