41.000 aspirantes examinaranse o 1,2,8 e 9 de xullo para 625 prazas de emprego público

20 Xuño 2023

Un total de 40.726 aspirantes están chamados a participar o vindeiro 1, 2, 8 e 9 de xullo nas probas para 625 prazas de emprego público da Xunta de Galicia que se realizarán no Recinto da Feira Internacional
Abanca Semana Verde de Galicia.
En concreto, o sábado 1 de xullo examinaranse 1.604 persoas para 75 prazas no Corpo superior A1; e 8.756 aspirantes para 120 prazas no Corpo auxiliar C2. A continuación, o domingo, 2 de xullo realizarase o proceso selectivo para o Corpo de Xestión A2 no que están chamadas a participar 2.435 persoas para 90 prazas; e o exame para o Corpo administrativo C1 con 8.917 aspirantes admitidos e 102 prazas.
En canto ao 8 de xullo, será a quenda da escala de auxiliar de clínica no que participarán 2.011 aspirantes para 54 prazas; e a de auxiliar coidador con 3.398 aspirantes e 65 prazas de emprego público. Finalmente, o 9 de xullo, examinaranse 13.605 aspirantes no proceso de persoal subalterno (AP) para o que se convocaron 119 prazas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...