Este sábado 13 de maio vaise celebrar a nova entrega de Pink Noia, organizada pola patronal (Noia Histórica) en colaboración co Concello. O programa, segundo fixeron saber as entidades impulsoras na presentación (este xoves), contará coa participación dunha trintena de establecementos que xa confirmaron a súa participación, ofrecendo todos os seus produtos e servizos cun 20% de desconto.

A concelleira de Comercio, Laura Salgado, a presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, e máis o tesoureiro da asociación, Mateo Caamaño, foron os encargados de contar este xoves os detalles deste nova entrega de Pink.
Como novidade, avanzan que ademais dos importantes descontos, os clientes poderán tamén restar 5 € directos na compra a través dos rascas dispoñíbeis nos comercios.
A feira tamén achegará animación nas rúas: un carriño de chuches na rúa do Cantón, sesións participativas de xumba (no curro a partir das 12:00h) e inchábeis (Curro a partir das 18:00h).

Programa de Pink
- ZUMBA as 12:00 h no Curro (a cargo de 2 escolas de Noia)
- CARRIÑO DE CHUCHES Praza Cantón
- INCHABLES no Curro as 17:30 h
Haberá música nas rúas ao longo do día.




