Rianxo acolle unha festa solidaria da Asociación Galega de Fibrose Quística (o venres 9 de xuño)

18 Maio 2023

Rianxo vai acoller ás portas do verán unha festa solidaria a prol da Asociación Galega de Fibrose Quística. Organizada pola Ludoteca Agarimo coa colaboración do Concello de Rianxo, celebrarase o venres 9 de xuño, de 16.30 a 19.30 na praza da Virxe de Guadalupe.

Todas as actividades e ingresos irán destinados integramente á Asociación Galega Fibrose Quística.

Haberá unha gran variedade de actividades, por exemplo inchábeis, música, globoflexia, pintacaras, xogos xigantes e pintura.

A entrada para participar nesta festa solidaria ten un custe de 8 €, e é necesario portar unha pulseira identificativa para acceder ao evento. Dende a organización recomendan facer unha reserva anticipada antes do martes 6 de xuño na Ludoteca Agarimo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.