Preto de 300 persoas arroupan a Teresa Villaverde na presentación da candidatura do PP en Lousame

08 Maio 2023

Preto de trescentas persoas asistiron na noite do sábado ao acto de presentación da candidatura do Partido Popular de Lousame ás eleccións municipais de 2023, encabezada pola actual alcaldesa Teresa Villaverde Pais. O restaurante Trapeiro viuse ateigado de xente para acoller esta presentación. A actual rexedora estivo acompañada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez; así como polo alcalde de Noia, Santiago Freire, e concelleiros do Partido Popular da comarca.

Na súa intervención, asegurou que “o benestar da xente de Lousame foi o eixo desta lexislatura e o seguirá sendo nos próximos catro anos”. Neste sentido, lembrou os momentos máis duros da pandemia nos que “se creou un grupo de voluntarios que foron porta a porta un día a semana para acompañar a persoas que vivían soas, ás que se fixo tamén un seguimento telefónico”.

Villaverde Pais fixo unha valoración “positiva” desta lexislatura, “catro anos nos que estivemos centrados nas persoas e, sobre todo, na atención aos nosos maiores e ás familias, duplicando as horas de Servizo de Axuda no Fogar e á Dependencia, e fomentando a conciliación da vida familiar e laboral. Pero non hai que esquecerse de todo o que fixemos en materia de infraestruturas, mellorando as principais estradas que conectan as nosas parroquias e acondicionando os interiores das aldeas, pero tamén en materia de medio ambiente e aforro enerxético”.

Desta maneira, Teresa Villaverde fixo un pequeno repaso polas melloras acometidas nestes catro anos no colexio, a renovación do Polideportivo Pilar Barreiro e a Piscina ;unicipal, o arranxo das estradas tipo 3, a posta en valor do monte de San Lourenzo ou a propia construción do miradoiro da muralla. “Pregúntanme se estou totalmente satisfeita do que fixemos e eu respondo que non, porque se o estivera non estaría hoxe presentándome. Hai moitas cousas por facer, pero tamén hai un gran traballo detrás deste catro anos”, sinalou a candidata popular.

Pola súa banda, Ánxeles Vázquez destacou a capacidade de traballo e o cariño que Teresa Villaverde ten por Lousame e polos seus veciños e veciñas. Así, adquiriu publicamente tres compromisos con ela: primeiro “facilitar que Lousame poida contar con solo industrial”, segundo “asegurar a presenza de Lousame, como un concello costeiro máis na Lei de Ordenación do Litoral para velar polos dereitos das mariscadoras e dos mariscadores”, e terceiro “que se a mina de San Finx non cumpre con todos os requisitos, non recibirá autorización do seu departamento”.

Neste punto, Ánxeles Vázquez fixo fincapé en que “non fagades caso dos contos e dos chismes daqueles grupos que queren embarrar a campaña porque non poden criticar o que se ten feito en Lousame nestes catro anos de goberno de Teresa Villaverde”.

Candidatura

Silvia Agrafojo Filgueira, que se mantén como candidata número tres da lista, foi a encargada de presentar aos seus compañeiros e compañeiras de candidatura. Un grupo heteroxéneo, dixo, formado por “xente honrada e traballadora, de distintas franxas de idade e con distintas profesións aos que une un único interese: traballar por Lousame”. A respecto da lista, Agrafojo destacou as incorporacións do avogado Esteban Ares García, como número 2; e as de Mariel Agrafojo Nieto e Tomás Pedrosa Brenlla, números 5 e 7, respectivamente. Ademais, dixo, “todos os concelleiros e concelleiras populares da actual corporación están de titulares na candidatura, se ben non todos eles en lista de saída”. No seu nome falou Esteban Ares, quen animou aos presentes a “sentirse orgullosos deste concello” e puxo en valor o traballo de Teresa Villaverde ao longo dos últimos catro anos: “cando alguén ten moita experiencia e moita habilidade, é un activo que suma, pero a xente que é boa persoa, ese activo multiplica”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...