O Supremo admite o recurso dos pescadores contra o plan do Goberno para a eólica mariña

05 Maio 2023

Os pescadores abren a vía xudicial contra a eólica mariña. O Tribunal Supremo admiteu a trámite o recurso presentado pola Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariño, que agrupa a confrarías do noroeste peninsular.

A dilixencia da sala terceira do contencioso-administrativo, con data do pasado tres de maio, abre a vía xudicial ao conflito que abriu a aprobación dos plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), a folla de roteiro para a instalación dos parques offshore na costa española.

Esta ordenación establece catro zonas para o desenvolvemento da eólica mariña na costa galega que suman máis de 2.000 quilómetros cadrados, aproximadamente o 43% da superficie reservada en todo o Estado. A aprobación xerou unha forte contestación por parte do sector pesqueiro, con varias mobilizacións en Galicia en protesta contra o impacto que terán os parques na súa actividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

Hai décadas en que se celebrou o Cumio Mundial de Copenhague sobre o DESENVOLVEMENTO SOCIAL, definíndose que para ser tal “ten que ter ao ser humano como obxectivo principal" e "que para que isto sexa unha realidade é conveniente a participación activa dos individuos...

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...