O persoal do Parque das Illas Atlánticas actualiza a súa formación en primeiros auxilios

31 Maio 2023

A Consellería de Medio Ambiente actualizou a formación básica en primeiros auxilios de todo o persoal adscrito ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, unha formación que atinxe a axentes medioambientais, técnicos, vixiantes, equipo directivo, tripulantes e administrativos.

No transcurso das últimas dúas semanas de maio, instrutores oficiais de Soporte Vital da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (SEMFYC) e persoal docente de emerxencias médicas impartiron coñecementos esenciais de soporte vital básico e de capacitación para a utilización de desfibriladores externos semiautomáticos ás 48 persoas que traballan actualmente no Parque Nacional, tanto persoal que desenvolve o seu labor en Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada como o adscrito ao edificio Cambón de Vigo, sede central do organismo.

Entre os obxectivos que se busca acadar con esta formación atópanse os seguintes: achegar unha adecuada interacción co sistema de emerxencias, recoñecer de forma rápida unha parada cardiorrespiratoria, aplicar as técnicas de permeabilización da vía aérea, realizar unha reanimación cardiopulmonar de alta calidade, ou utilizar o desfibrilador dunha maneira eficaz e segura.

A tal fin, as persoas participantes realizaron prácticas para colocar un corpo en posición lateral de seguridade, a única eficaz en persoas inconscientes, non traumáticas e que respiran espontaneamente, para evitar a aspiración de vómitos e a obstrución da vía aérea; a manobra de Heimlich, combinada con golpes nas costas, en adultos e en nenos; a reanimación cardio-pulmonar; e o manexo do desfibrilador semiautomático, dispositivo dispoñíbel en cada unha das catro illas e tamén no Centro de visitantes de Vigo.

Tras completar o curso, todos os alumnos recibiron un diploma acreditativo emitido polo Comité Autonómico de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e avalado pola SEMFYC.

Outros artigos

En Ribeira caída xeneralizada de fibra en varias zonas

Onte contorna ás 11 da mañá, as redes de fibra de distintos fogares de Ribeira deixaron de funcionar debido a un fallo de BRAS. As empresas provedoras comunícannos que actualmente este problema xa case esta emendado na súa totalidade e que o servizo está case...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...