O PBBI quere mellorar a calidade de vida dos ribeirenses (poñendo o foco no transporte, na accesibilidade, na comunicación ou na atención social)

03 Maio 2023

A dirección do Partido Barbanza Independente, con sede en Ribeira, presentou estes días as persoas que van integrar a listaxe electoral da agrupación, que é o equipo co que se presenta ás vindeiras eleccións municipais, convocadas este mes de maio. Trátase dunha listaxe igualitaria de 28 integrantes, 15 homes e 13 mulleres, entre os que se atopan, a xeito de grandes novidades, Sabela Pensado Parada, doutora especialista en Medicina Física, Fernando Abraldes Pérez, oficial de máquinas e profesional da pesca dende 1993, Juan Luis Furones Ramos, médico no Hospital do Barbanza e o artista Paco Casal.

Polo que se refire ao programa do PBBI, fundaméntase no seguintes piares: redución de tramites burocráticos e taxas na aperturas de novos negocios; melloras na iluminación en todo o ámbito municipal, facendo mais accesíbel a comunicación de fallos na subministración por parte da veciñanza; crear unha Ribeira mais accesíbel; estudar formas de mellorar o trafico en Ribeira facendo fincapé na zona do dique; fortalecer a rede de saneamento, facilitando as conexións á rede principal; elaborar plans para a soidade non desexada dos nosos maiores; mellorar liñas de autobús entre parroquias e acceso ao hospital, maior información en paradas con información dixital de chegadas e abaratamento de billetes; promoción de portelo único de atención cidadá; creación dun punto de información catastral no Concello; eliminación de obstáculos en zonas peonís, como postes ou contedores mal situados e en calzadas; reducir o IBI a familias numerosas ou con persoas en situación de dependencia; reducir o imposto de rodaxe; xestion polideportiva, mantemento de instalacións e ampliación horarios; e promoción de actividades lúdicas en diferentes lugares e parroquias.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...