O Maio das Letras da Pobra culmina con obradoiros de maios e un festival de música e baile tradicionais

18 Maio 2023

A Pobra do Caramiñal despide a programación do Maio das Letras Galegas de 2023 nesta fin de semana tras dúas intensas semanas de actividades.

Segundo explica a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, esta axenda fai especial fincapé nas novas xeracións e o tecido asociativo adquire un rol significativo. Isto constátase, por exemplo, co Ronsel de verbena, celebrado o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado neste ano a Francisco Fernández del Riego.

As prazas do núcleo urbano convertéronse nun fervedoiro cultural durante gran parte da mañá e ata logo de chegar a hora do xantar, cun percorrido guiado, escenas costumistas, música, bailes, cantos e desfile de traxes tradicionais; un labor que foi posible coa implicación de Caramiñas, Eiradela, Arrancadeira, Xiada, Ruadiña e do Museo Valle-Inclán.

E as asociacións seguirán xogando un papel fundamental neste programa deseñado pola Administración local para a posta en valor da nosa lingua e das nosas letras. Deste xeito, Arrancadeira achegará uns obradoiros de maios no día 19. O etnógrafo e folclorista Carlos Rey Cebral encargarase de impartir a parte teórica, na aula de estudo situada na planta superior da Biblioteca Municipal, para afondar máis sobre esta tradición. A formación comezará ás 19.00 horas, se ben xa se estará preparando todo arredor das 18.30 horas. Posteriormente, a práctica desenvolverase no Cantón da Leña coa confección de catro maios para decorar este lugar, así como a praza de Maura, a praza de Rosalía de Castro e os Xardíns de Valle-Inclán.

O colofón virá co festival Bailando ás flores no día 20, que incide na divulgación da nosa música e baile tradicional. Trátase dun espectáculo itinerante que comezará ás 19.30 horas polos espazos xa mencionados e que, ademais da actuación de Arrancadeira, contará coa participación de Xiada, Ruadiña, Abeloura e A Pinguela de Bama.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...