O Coworking CCompostela ofrece formación gratuíta en crecemento e dixitalización

08 Maio 2023

O Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación da Coruña, desenvolverá cinco formacións sobre dixitalización das empresas entre as pemes e os emprendedores que queiran incorporar a dixitalización na súa estratexia de negocio para mellorar a súa competitividade. A formación impartirase ao longo do mes de maio sen custo algún para os usuarios.

Tentaranse resolver cuestións sobre como integrar transformación dixital no negocio, por onde comezar, como levar a cabo un proceso de transformación ou canto será preciso investir. Para resolver estas e outras dúbidas, sinala Rosa Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Santiago, “deseñamos un amplo programa formativo, onde os participantes, ademais de formación teórico-práctica, recibirán asesoramento ad hoc durante todo o proceso”.

Para asistir a estas formacións é imprescindíbel a inscrición en cada un dos cursos que se poderán realizar a través da web do Coworking.

Asesoramento personalizado

As persoas participantes coñecerán os beneficios da transformación dixital como panca de mellora da competitividade, mediante a incorporación de diferentes tecnoloxías. Traballarán coa ferramenta Dixital Journey Map e poderán incorporar a dixitalización na actividade da súa empresa. Ademais, desenvolveranse dous talleres con ferramentas dixitais avanzadas. O primeiro está centrado no modelo de negocio no emprendemento dixital analizando o mercado, a proposta de valor diferencial, as canles de distribución ou a estrutura de custos mediante a ferramenta dixital Business Model Canvas. No segundo obradoiro, os participantes experimentarán con diferentes tipos de impresoras 3D e materiais de impresión.

A empresa tecnolóxica Wapping asesorará a empresas e emprendedores no coñecemento do cliente, a fidelización e a experiencia de compra personalizada. Explicarán como a análise da información a gran escala (Big Data) a mercadotecnia móbil axudan a mellorar a experiencia de compra e incrementan o mantemento e a captación de clientes. Por último, traballarase a proposta de valor no emprendemento tecnolóxico-dixital en todas áreas e obter así un posicionamento diferencial no mercado. Os profesionais que impartirán a formación teñen ampla experiencia en transformación dixital: Pablo López, Tania Aira, José Manuel Maseda e Álvaro Rey Rodríguez.

O Coworking Dixital CCompostela é unha iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, financiada a través da Fundación INCYDE das Cámaras de Comercio e da Deputación provincial da Coruña para impulsar a dixitalización de máis de 350 empresas en 2023 cun investimento de 300.000 euros. Forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña e ofrece un espazo de traballo colaborativo con equipamento tecnolóxico e programas específicos de acompañamento, incubación e aceleración de empresas e máis de 40 actividades que se realizarán en Santiago e 32 municipios do sur da provincia da Coruña.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.