O BNG acada un acordo para que a Xunta actúe contra os incumprimentos do transporte público da Barbanza

12 Maio 2023

A deputada do BNG, Rosana Pérez defendeu unha proposta que acadou a unanimidade da comisión 2ª de Ordenación do territorio e Servizos para instar á Xunta a iniciar accións contra os incumprimentos das empresas concesionarias do trasporte público da Barbanza.

Na defensa da iniciativa, a nacionalista afirmou  que  o funcionamento do transporte público en Galicia,  é  “deficiente”, unha realidade que o Partido popular e a Xunta xa non poden seguir negando porque mentres o fan, miles de cidadáns permanecen ao “albur das decisións e falcatruadas” dunha empresa, Monbus, que “copa o 80% do transporte público en Galicia”. Unha empresa que actúa con total impunidade, a pesar de recibir  “centos de denuncias individuais e colectivas que advirten da súa desatención e incluso da súa falta de respecto en moitos casos aos usuarios e usuarias”.

Para a deputada, a Consellería de Mobilidade e o goberno galego son “responsábles” por non tomar ningunha medida contra os incumprimentos da empresa concesionaria do servizo de transporte público en Galicia.

A nacionalista lembrou o acordo parlamentario para que a Xunta estudara as denuncias e adoptara as medidas necesarias para garantir o cumprimento das condicións do contrato, e en caso contrario,  “se abrirán expedientes para sancionar a Monbus” pero nada se fixo e  despois dun ano deste acordo, “a situación empeorou” e miles de persoas plasmaron xa a súa sinatura, por tres veces cando menos, en queixas que se achegaron á Administración. “Persoas fartas de que a empresa incumpra os horarios flagrantemente, retrasos inxustificados, estado calamitoso dos autobuses, falta de información,  e a negativa  a entregar  a folla de reclamacións cando é solicitada.

Persoas, engadiu, que  tampouco atopan xustificación ningunha a que o transporte escolar sexa incapaz de atender ao alumnado dos centros da comarca, pais e nais que teñen que facer eles mesmos de “bus escolar” a diario porque os seus fillos e fillas quedan literalmente “tirados” nunha parada por tempo indefinido.

 Por outra banda, tamén se referiu ás  persoas de toda a comarca que necesitan acudir ao Hospital da Barbanza e non teñen conexión ao que sumou os  hospitais de referencia da comarca como, o  Clínico de Santiago e o de Conxo, “cunha conexión   insuficiente que  non se adapta nin aos horarios laborais das persoas que traballan en Santiago nin  aos horarios das usuarias e usuarios.

A nosa proposta pretende, como todas as anteriores, “poñer fin a unha situación que hai moito tempo que é insostíbel e que a Xunta sigue tapando”.

Ademais, nos últimos tempos, despois de que no mes de marzo o TSXG ditara sentenza a respecto de investigar presuntas irregularidades por parte de Monbus, a Xunta de Galiza non pode, nin debe, seguir desentendéndose deste problema e ten que ser a primeira interesada  en aclarar o que está ocorrendo e poñer fin  a unha situación que afecta gravemente  á vida de miles de persoas.

Agardamos, dixo, Rosana Pérez, que este acordo non se converta en “papel mollado” e serva para resolver unha situación que afecta ás persoas na súa vida diaria e  á hora de trasladarse aos centros de  traballo,  ensino e hospitais, concluíu.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...