O alumnado do Obradoiro Tahume VIII recibiu os diplomas do módulo de alfabetización informática

10 Maio 2023

As persoas participantes no Obradoiro de Emprego Tahume VIII, co-impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira, mergulláronse os días pasados nas novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, o que se coñece como as TIC, ferramentas de gran utilidade para calquera actividade laboral. Os días pasados o alumnado regresou á Aula CeMIT de Ribeira para recibir os seus diplomas de aproveitamento tras a realización do módulo de Alfabetización Informática, impartido polo técnico da aula Manolo Bello.

Como dixemos, o Obradoiro de Emprego Tahume VIII é unha iniciativa conxunta dos Concellos de Porto do Son e Ribeira para incrementar a formación profesional da veciñanza e mellorar a súa empregabilidade. faino a través de formación especializada, avanzada e práctica, poñendo o foco na mocidade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan nesta convocatoria. Esta oitava edición é dual, xa que están a ser impartidas dúas especialidades distintas, por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.