O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, mantivo esta semana (o martes, concretamente) unha reunión con representantes do Sindicato Unificado de Policía (SUP) na que coincidiron na necesidade de ampliar o catálogo de postos de traballo da Policía Nacional na comisaría ribeirense, cuxa nova sede foi inaugurada na primavera pasada.
Neste senso, coa finalidade de “velar pola seguridade na cidade”, o alcalde Manuel Ruiz considera prioritario non “só que se incremente o número de patrullas na rúa, senón tamén contar con efectivos especializados na loita contra o narcotráfico e os trapicheos”.
Consello Local de Seguridade
Ademais, a tenor dos últimos incidentes producidos no municipio, o Concello porase en contacto coa Subdelegación do Goberno do Estado para que convoque a Xunta Local de Seguridade.




