Municipais 2023: O candidato do PSdG-Psoe de Noia, Fran Pérez, reuniuse co alcalde de Santiago para tratar a promoción turística, a cooperación e a integración na Área Metropolitana e o Camiño

14 Maio 2023

O candidato á Alcaldía de Noia polo PSdG-PSOE, Fran Pérez, mantivo unha reunión co candidato á reelección para a Alcaldía de Santiago X.S. Bugallo, co obxectivo de establecer puntos de acordo de cara á cooperación entre Noia e Santiago de Compostela en temas de promoción económica e turística.
De acordo co candidato á Alcaldía de Noia, a proximidade de Noia con Santiago supón unha oportunidade estratéxica, ao atoparse a menos de 20 minutos da Capital de Galicia, referencia turística á que chegan centos de milleiros de persoas cada ano. Cun aeroporto internacional e cunha estación de AVE, a promoción turística de Noia pasa necesariamente por explotar a súa proximidade con Santiago, de acordo co indicado polo candidato socialista Fran Pérez.
Na reunión, tratouse tamén a promoción e o encaixe da ruta do Camiño de Santiago que pasa por Noia, o cal para o candidato noiés é outro dos puntos onde a coordinación con Santiago será de enorme importancia. Para aproveitar correctamente estas potencialidades, ambos candidatos estaban de acordo na necesidade de integrar Noia na Área Metropolitana de Santiago, mellorando a conexión entre ambos núcleos urbanos e a frecuencia do transporte público.
“Santiago está para os noiesestan preto e tan lonxe” – comentou o candidato á Alcaldía de Noia, Fran Pérez. “Trátase dunha proximidade natural, que forma parte da vida dos noieses e noiesas pero que nunca foi debidamente aproveitada. É unha pena que non se tivera establecido unha boa relación de cooperación ate o día de hoxe”

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...