Matria proxéctase este venres en Boiro

30 Maio 2023

Este venres 2 de xuño vaise proxectar en Boiro un dos máis grandes éxitos (de público e de crítica) do cinema galego recente: o filme Matria, de Álvaro Gago, protagonizado por María Váquez e ambientado nas industrias pesqueiras do noso litoral. A cita será este venres ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. As entradas poden adquirirse en liña ou na billeteira dende unha hora antes da proxección. Matria, rodada en galego e cun elenco galego, foi obxecto de mancheas de recoñecementos, e en webs como Filmaffinity aparece no posto número 5 das preferidas polo público na colleita deste 2023.

Sinopse

Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nunha vila da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.

Outros artigos

O Dicionario da RAG engade novas entradas e modifica e amplía termos

O Dicionario da Real Academia Galega (RAG), unha ferramenta tan útil como necesaria, vén de ampliar contidos a súa base de datos engadindo novas entradas. Entre elas: agachamento e anicamento, teito de cristal, cultura da cancelación, escaleta ou esgrafiado. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...