Mar modifica o regulamento dos eventos en terreo portuario para “mellorar a súa organización”

29 Maio 2023

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, modificou a normativa de tramitación da celebración de eventos en terreo portuario para “contribuír á mellor organización destas actividades” e, tamén, “á compatibilidade entre elas así como coa propia actividade portuaria”.

A norma, que entra en vigor este martes 30 de maio, sae publicada este luns 29 no Diario Oficial de Galicia (PDF).

Segundo avanza Mar, o texto inclúe “cambios puntuais” da normativa xa existente neste eido baseándose na experiencia acumulada desde a anterior modificación, que derivaba da entrada en vigor do catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas. O obxectivo é “ofrecer as maiores garantías para o público e a organización do evento así como a compatibilidade de actividades en solo portuario e a eficiencia na planificación dos distintos eventos”.

Entre estas modificacións, a normativa permite que nas zonas con menor actividade portuaria poidan instalarse carpas ou espazos a cuberto nunha superficie de máis de 100 metros cadrados (máximo fixado anteriormente) “se se trata de espectáculos ou actividades que teñan como singularidade o arraigo popular no ámbito territorial onde se desenvolven ou valor cultural”. O mesmo será de aplicación tamén para as festas declaradas de interese turístico de Galicia. Do mesmo xeito, a norma permite, de xeito excepcional, autorizar a conexión directa á liña eléctrica portuaria.

En paralelo á publicación da nova normativa, Portos de Galicia pon a disposición da cidadanía o novo formulario de solicitude de autorización de eventos e espectáculos públicos en terreos portuarios a través da páxina web do ente público: www.portosdegalicia.gal. Este formulario facilita e axiliza aos impulsores de eventos a tramitación necesaria para obter as correspondentes autorizacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...