Mar celebra que a Eurocámara protexa as conservas de peixe nun posíbel acordo de libre comercio con Tailandia

25 Maio 2023

A Xunta de Galicia emitiu un comunicado no que celebra a decisión da Comisión de Exteriores do Parlamento Europeo de catalogar as conservas de peixes e mariscos como “produtos sensíbeis” con vistas a protexelas nas negociacións que están a manter as autoridades comunitarias e Tailandia para pechar un acordo de libre comercio.

Esta medida adoptouse trala aprobación dunha das emendas presentadas polo eurodeputado galego Francisco Millán Mon ao informe que acompaña o acordo de asociación e cooperación entre a Unión Europea e Tailandia, en proceso de negociación neste momento.

No comunicado a Xunta expresa o seu desexo de que o Executivo comunitario e os estados membros tomen nota da votación da Comisión de Exteriores e “adopten as medidas oportunas para que o sector transformador de produtos do mar da comunidade non se vexa prexudicado por ese posíbel protocolo comercial”. E engade: “A apertura do mercado europeo ás conservas tailandesas libres de aranceis sería un duro golpe para as empresas galegas pois Tailandia é o primeiro produtor mundial e o seu principal competidor”.

O Executivo galego lembra que “os produtores de países asiáticos coma este non cumpren os estándares ambientais, laborais e hixiénico-sanitarios que se exixen en Europa, polo que o acceso libre das súas conservas ao mercado comunitario suporía unha desvantaxe competitiva para as empresas galegas”.

Por iso, a Xunta defende a necesidade “de que existan as mesmas regras de xogo para todos e rexeita un acordo de libre comercio que causaría un dano irreversíbel á industria transformadora de produtos do mar”.

Galicia aposta pola exclusión do atún do acordo de libre comercio e o establecemento de normas sólidas e equitativas que garantan a igualdade de condicións no resto de produtos pesqueiros.

Ante esta situación, a Xunta pedirá ao Goberno central que “interceda ante Bruxelas e defenda un sector que é referente no conxunto da Unión Europea, con estándares de calidade moi elevados, innovador e competitivo, tractor da economía de moitas localidades costeiras de Galicia, xerador de emprego, chave para garantir a soberanía alimentaria europea e resiliente, como demostrou nos momentos máis duros da pandemia pola COVID-19”.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.