Gadis promoverá o galego en TikTok

09 Maio 2023

A Xunta de Galicia e Supermercados Gadis veñen de ratificar un acordo de colaboración para promover o uso da lingua galega entre a mocidade nas plataformas dixitais por medio dun convenio que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que foi asinado na mañá deste martes 9 de maio polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de GADISA Retail, Melisa Pagliaro. Tamén participou o secretario xeral Valentín Garcia.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, Melisa Plagiaro, asinarán un convenio de colaboración para a promoción do galego. foto xoán crespo

O obxectivo deste convenio é potenciar e recoñecer o talento dos mozos e mozas que utilizan a lingua galega para crear contidos innovadores nas redes sociais, así como amosar o valor da colaboración público-privada no eido cultural e creativo. Para iso, ambas institucións lanzarán un concurso de vídeos de TikTok que se desenvolverá este verán, entre os meses de xuño e setembro, e no que se premiarán as mellores pezas compartidas en diferentes disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía.

Esta colaboración enmárcase na programación de máis dun cento de accións que a Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con numerosas empresas, como Gadis, entidades, administracións locais e editoriais, impulsan para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a Francisco Fernández del Riego.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...