En Ribeira comezan os traballos previos á nova vía de conexión con Fafián (o primeiro paso da variante)

04 Maio 2023

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos previos ás obras de conexión coa aldea de Fafián, unhas tarefas que constitúen “o primeiro paso facer realidade a variante”, segundo explicou o Concello, engadindo que os traballos veñen da man da Xunta. En concreto, procedeuse ao replanteo na dita contorna así como colocación do cartel de obra correspondente a unha actuación que foi adxudicada á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L por un importe de 573.859 euros, IVE incluído.

O obxectivo da Xunta é que na primavera de 2024 os veciños dispoñan dun pequeno treito de 220 metros que forma parte da variante de Ribeira. Os traballos contan cun prazo de execución de 12 meses.

No que se refire ás características técnicas da nova vía, trátase dunha conexión entre a estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, e a aldea de Fafián.

A nova vía terá 220 metros de lonxitude, comezando na conexión coa estrada da deputación mediante a execución dunha glorieta de 34 metros de diámetro e finalizando en Fafián, cunha intersección en “T”.

Esta estrada de novo trazado disporá de 2 carrís de 3,5 metros de ancho e beirarrúas de 2,10 metros. As beirarrúas na marxe da estrada garantirán un itinerario peonil continuo e seguro para o tránsito dos veciños.

Como intervencións complementarias, procederase á reposición do firme dos viarios urbanos afectados; e á reposición dos camiños de servizo, executando dous pequenos treitos para garantir o acceso ás leiras.

O treito de 220 metros de nova vía “permitirá captar un tráfico estimado de case 4.300 vehículos, o 3,4% de vehículos pesados”, sinalou o Concello.

Variante de Ribeira

Esta actuación correspóndese coa parte inicial do 3º treito da Variante de Ribeira, cuxo proxecto de trazado completo aprobouse o pasado mes de agosto. Supón, desde xeito, o primeiro paso para facer realidade a Variante de Ribeira, que suporá un investimento autonómico conxunto por parte da Xunta de 10,3 M€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.