En Ribeira, avanza a tramitación para que a xestión do parking do Centenario sexa municipal

09 Maio 2023

O Concello de Ribeira informa de que rematado o período de exposición pública, non se presentou ningunha alegación á memoria de municipalización do parking soterrado do Centenario, o que permite proseguir coa tramitación para que a xestión do estacionamento adquira carácter municipal.

O Concello lembra que conforme á citada memoria, dita xestión estará apoiada por unha empresa mediante un contrato de servizos de portería e mantemento, pois este sistema (explica o citado informe) ten a vantaxe “de que o Concello retén a capacidade de decisión sobre as instalacións, cunha maior flexibilidade de cara a futuros cambios do servizo en función da demanda dos cidadáns, sempre iso si, que se consiga dotar orzamentariamente as contías pertinentes para a dita xestión e sobre todo, para a execución das obras de rehabilitación no presuposto municipal”.

O próximo paso a dar será levar a pleno o regulamento de funcionamento do parking e a ordenanza fiscal pola que se regularán as tarifas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...