Educa Audiovisual levará contidos galegos ao alumnado galego de Secundaria

08 Maio 2023

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de poñer en marcha o novo programa pedagóxico Educa Audiovisual para a difusión dos contidos galegos e na nosa lingua entre o alumnado de Educación Secundaria. A Consellería conta coa colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) para o desenvolvemento desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 títulos e unha serie de coloquios complementarios con profesionais do sector.

O catálogo dixital de Educa Audiovisual inclúe filmes, series, curtas e videogramas, a través dos que se abordan moi diferentes temáticas coa finalidade de que estes contidos poidan ser empregados como material de traballo na aula en diferentes materias curriculares. A lingua, a memoria e o territorio son os tres eixos arredor dos que orbitan as 14 obras, “sempre desde unha óptica actual e accesíbel, que mestura a linguaxe documental e as técnicas fílmicas de vangarda”, explican dende Política Lingüísica, engadindo que o obxectivo “é proporcionar ao profesorado unha nova ferramenta para lles achegar coñecemento aos seus estudantes empregando como base contido audiovisual de calidade e en galego”.

Cada unha das fichas dos traballos desta escolma sintetiza a súa temática e a súa sinopse, ademais de facilitar os enlaces para a súa proxección na clase. A maiores deste uso libre do catálogo, Educa Audiovisual ofrécelles aos centros a posibilidade de acceder a unha serie de coloquios a través dos que se busca “enriquecer esta experiencia facilitando o contacto do alumnado cos profesionais do sector, ao tempo que se favorece a reflexión e o desenvolvemento do espírito crítico”. As solicitudes para acoller estes encontros poden enviarse ao correo agapimpulsa@agapi.gal e serán atendidas por orde de chegada ata esgotar a dispoñibilidade para este ano 2023.

O catálogo, xa remitido a todos os institutos galegos de Educación Secundaria, está conformado pola serie documental 225 Km / 24 h., de Miramemira; A dobraxe en galego, un modelo de normalización, de Recrea Films con dirección de Chema Gagino; A mestra de escola, de Alba Prol e produción de Meteórica Cine; Aí ven o Maio, sobre o primeiro disco homónimo de Luis Emilio Batallán, de Tamboura Films; as curtametraxes de Sétima As ondas, dirixida por Ángel Filgueira, e Crianza; a peza Elas, produtoras executivas, realizada pola propia AGAPI; Mourelle de la Rúa. O último gran descubridor, de Chema Gagino e Amalia Mato; a serie de pezas documentais O camiño das estrelas, de Tamboura; Os camiños do neno labrego, de Noveolas Producciones; Por vir, documental de Eloy Domínguez Serén producido por Zeitun Films; Repartidores do rural, de Miramemira; Tesouros somerxidos, de Tex45, e Videogramas. A propósito de Compostela, de Numax.

Educa Galicia é unha iniciativa financiada en virtude do acordo de colaboración establecido entre o Instituto da Cinematografía e das Artes Cinematográficas (ICAA) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a difusión do audiovisual en lingua galega.

Outros artigos

Este venres rematan as Festas da Guadalupe (festivo en Rianxo)

Este venres 19 de setembro celébrase en Rianxo o colofón final das Festas da Guadalupe 2024: a última xornada festeira (festivo local). Estará adicada á rapazada con actividades infantís durante todo o día. O Concello explica que "como non podería ser de outro xeito,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...