Comezaron en Rianxo as obras para habilitar no Polígono do Té unha base antiincendios da Xunta

18 Maio 2023

Tras a cesión por parte do Concello de Rianxo dunha parcela de equipamento municipal á Xunta de Galicia e a licenza de obras ao proxecto de Medio Rural no Parque Empresarial de Rianxo deron comezo as actuacións previstas, segundo confirmou o Consistorio.

Estas están contidas no Proxecto Básico e de Execución de Base Integrada de Unidades Operativas (BUO) de Rianxo no que é a primeira base operativa na comarca. As máquinas comezaron a actuar no Parque Empresarial coa fase inicial de explanación do recinto que albergará este equipamento especializado na loita antiincendios forestais.

O proxecto presenta un orzamento de 441.391,55 euros e un prazo de execución de seis meses.

Entre os obxectivos deste equipamento inclúese o de “converterse nun espazo adicado á defensa do monte, pero tamén nunha contorna referencial (medioambiental e construtivamente falando) no Parque Empresarial de Rianxo”,

En palabras do Concello, este contedor de servizos de protección forestal “será un lugar de descanso e traballo dos brigadistas e desde aquí accederán aos operativos que xurdan e que terán unha grande vantaxe pola proximidade á autovía e outras estradas na bisbarra”. Amais, dende a base poderán incorporarse loita contra os incendios “con grande rapidez”, engadiron fontes do Goberno local, que tamén lembran o traballo despregado por “reducir ao mínimo o impacto da edificación, polo uso de madeiras como o castiñeiro e piñeiro, ou por habilitar unha cuberta axardinada”. Trátase, máis polo miúdo, “dunha construción quilómetro cero no que se procurou a eficiencia enerxética en todas as instalacións, con sistema de climatización por aerotermia e sistemas de control e regulación para as luminarias LED”.

O alcalde Adolfo Muíños puxo o foco na “boa disposición municipal” para ceder esta parcela para un equipamento que, segundo dixo, “traerá un beneficio directo como é achegar a Rianxo os operativos que por desgraza son imprescindíbeis polos incendios do propio concello e da bisbarra”. Tamén por crear infraestruturas de referencia supramunicipais no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.