Adxudicada a demolición dun edificio en Campos (Carreira) que permitirá suavizar a curva da Muiñeira

19 Maio 2023

O Concello de Ribeira acaba de adxudicar a demolición dun edificio no lugar de Campos, na parroquia de Carreira, o que supón “o primeiro paso para materializar o proxecto destinado a suavizar a coñecida como curva da Muiñeira a través dunha modificación do trazado que afiance a seguridade viaria”, explicaron fontes do Goberno local, engadindo que o inmóbel obxecto de derrube, de planta baixa e de dous andares altos, é o que se corresponde co número 28, que foi adquirido polo Concello.

Os traballos van ser realizados pola entidade Demoliciones Coruña, S.L. O contrato supón un importe de 42.801 euros, IVE incluído.

Cómpre lembrar ao respecto que o Concello obtivo unha axuda do Fondo de Cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo para reordenar este espazo público a través da demolición deste e outros inmóbeis nesta curva, “unha das máis complicadas do termo municipal”. A axuda tamén inclúe o derrubo doutros dous edificios que constitúen un funil de mobilidade na parte alta da rúa Romero Ortiz.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...