Aberta a presentación de ofertas para a instalación de saneamento con pozo de bombeo en Campelos (Olveira)

24 Maio 2023

O Concello de Ribeira informou de que este 24 de maio saíu a licitación a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo en Campelos (Olveira).

A execución deste proxecto ten un prezo base de licitación de 216.055,11 euros, IVE incluído, e está enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS). O prazo de execución son dous meses.

As obras comprenden a instalación de una tubaxe SN4 de 1.295 metros de longo e 315 milímetros de diámetro. A través dos colectores se conducirás as augas residuais ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo e de alí as augas impulsarase a través dunha tubaxe de polietileno de 250 metros de lonxitude e 63 milímetros de diámetro ata o punto máis alto, onde se conectará cun pozo de rexistro da nova rede proxectada.

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata o 13 de xuño para facelo a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...