A Pobra achéganos ao folclore galego este 7 de maio co festival Miña nai, miña naiciña

03 Maio 2023

Coincidindo co Día da Nai que se celebra no primeiro domingo do mes de maio, a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas programa o festival Miña nai, miña naiciña, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

Esta xornada de canto, baile e música tradicional da Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas celebrarase o día 7, ás 19.30 horas, no Teatro Cine Elma.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión