A Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros viaxa ao Medievo co grupo de teatro municipal de Ribeira

06 Maio 2023

Continúa a XV Mostra de Teatro Xosé Agrelo. Despois do éxito da visita do grupo mazaricán Teatro da Troula, este sábado 6 de maio toca representación de “O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)”, do grupo municipal de teatro de Ribeira.

Dirixida por Óscar Romero, o grupo municipal de teatro de Ribeira pón en escena un espectáculo de humor en verso; unha comedia con moitos enredos e bastante retranca, coa intención de conseguir que o público esqueza os seus problemas diarios e goce do teatro, do humor e da sátira para rematar esmendrellándose coa risa.
Ambientada no medievo goza dun vestiario espectacular, dunha escenografía que combina elementos tradicionais e novas técnicas de luz e son para unha posta en escena final que non deixará a ninguén indiferente.

TEATRO LOCA

Ao sábado seguinte, o día 13, comezarán as representacións das compañías locais, que nos deixarán unha proba do seu traballo coas seguintes representacións. A primeira será Aquelando Teatro de Muros, con “Aqueles sesenta” (20:30h).

O luns 15 de maio, ás 12:00 h, Grupo de Teatro do Centro Ocupacional de Valadares trae “A Consulta Tola”, dirixida por María do Carme Estévez..

Ademais, a A.C. O Xeito de Esteiro, terá triple función coa obra “A Faneca Brava”, dirixira por Xosé Taxes: xoves 18 de maio, ás 10:30h e 12:00 horas e sábado 20 de maio, ás 20:30 h.

Todas estas funcións terán lugar no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros. As entradas son de balde, ate completar aforo, mais poden ser reservadas por anticipación nas oficinas do centro cultural e polos métodos habituais.

E para completar o programa representarase no Curro da Praza o día 17 de maio, o easpectáculo de Xatope Tulú “ A Lingoreteira”.

Grupo Teatro Ribeira. Foto Diario de Arousa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.