A Electromuiñeira chegará aos festivais da mán do novotema de Kike Varela

18 Maio 2023

A música galega está en un gran momento e cada vez son máis os artistas que se animan a publicar música en galego. Este é o caso do compostelán Kike Varela, que tras ver como a súa música é apoiada por grandes DJs como Nicky Romero ou KSHMR, chegando incluso a sonar na radio de Tomorrowland, agora decide dar un novo paso na súa carreira e levar a ‘Muiñeira de Chantada’ a música electrónica.
Para este proxecto, o productor galego contou coa axuda de Gloria Cespón de Rianxo e Puga de Porto do Son. No caso de Gloria, está é a encargada de dar voz ao tema. A cantante de Rianxo, é coñecida pola súa participación nos Recanteiros do Luar, o concurso do programa estrela da TVG.
En canto a Puga, o xoven sonense é membro da Banda de Música Tradiccional “Suevia” é encárgase de tocar a Gaita nesta versión ao clásico galego.
A xuntanza destes tres artistas galegos da lugar a un tema que mantén o toque folclórico da tradicional ‘Muiñeira de Chantada’ e a súa vez é capaz de convertila nun tema de música electrónica idóneo para pinchar en grandes festivais. Kike confesa que “levaba tempo vendo como a música en galego gaña protagonismo, así que tiña ganas de aportar o meu grano de area e facer algo en galego orientado á música electrónica”.
Para o productor galego “o obxetivo deste tema é levar a música galega aos festivais. A idea xurdiu porque botei todo o verán de 2022 pinchando diversos remixes a ‘Terra’ de Tanxugueiras, así que quería probar a levar eu outro tema galego que me gustase á música electrónica”. Ao falar das inspiracións, Kike ten claro os seus referentes: “Levaba un par de anos seguindo a Baiuca. E tras ver o fénómeno eurovisión con Tanxugueiras, decidín investigar máis grupos galegos para buscar inspiración. A raíz de ahí, encontreime con Verto. O seu tema ‘Muiñeira de Chantada’ foi a base para facer a miña propia versión do tema”.
Finalmente, o tema de Kike Varela, ‘Muiñeira de Chantada’ está dispoñible en todas as plataformas dende o pasado 17 de maio. Podedes escoitala neste ligazón.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...