A Deputación aprobou o proxecto de saneamento de Pousada (Rianxo)

27 Maio 2023

O pleno da Deputación provincial da Coruña aprobou este 26 de maio as diferentes modificacións presentadas do proxecto de saneamento de Pousada no Araño. O proxecto que vén de superar todos os permisos administrativos previos correspondentes, dende o de Augas de Galicia até o da Axencia Galega de Infraestruturas (polo seu entronque coa AC-305, que cruza para incorporar vivendas de ambas marxes da estrada).

O proxecto ten así vía libre para a súa licitación no Concello desde este momento. Esta fase ascende agora aprobada realizará un investimento de 222.357,39 euros e ten un prazo de execución de catro meses desde o inicio das obras.

O Concello engade que na actualidade as edificacións asentadas no núcleo e nas marxes norte e sur da AC-305 da zona da Pousada non dispoñen de ningún tipo de servizo de saneamento público que con esta obra se conectarán á rede xeral de sumidoiros.

O presente proxecto da fase 1 abrangue 15 vivendas habitadas, cunha estimación a longo prazo dunhas 25 vivendas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...