Vodafone fixo balance da súa folla de ruta en Galicia en materia de despregadura de 5G, que é como se denomina á quinta xeración de tecnoloxía de comunicacións móbiles, que permite a conexión á rede de múltiples dispositivos e que impulsa a velocidade de conexión e a transmisión de datos, entre outros elementos. Segundo fixo saber a operadora, “até 138 municipios galegos estarán conectados coa mellor rede 5G de Vodafone na frecuencia de 700MHz de forma progresiva ata final de ano”. Entre estes 138 concellos atópanse, a curto prazo, os de Ribeira e Rianxo.
Máis de 2,2 millóns de galegos poderanse beneficiar dunha mellor cobertura especialmente en interiores de edificios e gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, tamén en contornas rurais e pequenas localidades.
Dos 138 municipios con rede 5G, o 88,4% conta con menos de 25.000 habitantes.
Algúns dos novos municipios que comezarán a gozar das vantaxes do 5G son os seguintes:
– Na provincia de Lugo: Baralla, Burela, Castro de Rei, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, As Nogais, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, O Saviñao e Sober.
– Na provincia de Pontevedra: Bueu, Cangas, A Cañiza, Catoira, Lalín, A Lama, Moaña, Mondariz, Ponteareas, Redondela e Vilagarcía de Arousa.
– Na provincia de Ourense: Allariz, A Bola, O Carballiño, Lobios, Oímbra, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Ribadavia, A Rúa, Rubiá, Verín e Xinzo de Limia.
– Na provincia da Coruña: Aranga, Ares, Arteixo, Boimorto, Cariño, Carnota, Cerceda, Coirós, Curtis, Fisterra, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mugardos, Ortigueira, Oza-Cesuras, Rianxo, Ribeira e Val do Dubra.
Vodafone explica que esta despregadura ampliará pegada efectiva de cobertura da operadora, en ambas as frecuencias (700MHz e 3700MHz), alcanzando a un maior número de habitantes en Galicia. Os fogares beneficiados poderán descargar contidos 5 veces máis rápido que con 4G, navegar cunha menor latencia e ter un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea sen perder calidade, tamén en interiores de edificios. Tamén verán como mellora a calidade das chamadas de voz.
“En liña co noso propósito de conectar por un futuro mellor, a rede 5G chegará este ano a novos municipios como Redondela, Burela e Castro de Rei. Este nova despregadura de rede 5G supón para a Comunidade un fito na dixitalización de empresas, cidadáns e administracións, non só en grandes e pequenas cidades, senón tamén en localidades menos poboadas e zonas rurais”, afirma Francisco Vallejo, director territorial de Vodafone na zona norte. Ademais, Vallejo engade que “este fito é mostra do noso compromiso por reducir a fenda dixital do noso país e achegar a conectividade a todos os cidadáns”.
A operadora anunciou que continuará despregando a súa rede 5G este ano, alcanzando ao 65% da poboación na frecuencia de 700MHz e ampliando o seu alcance na frecuencia de 3700MHz.



