Stop Deshaucios Barbanza e a Valedora do Pobo tentan conseguir un alugueiro social para unha familia de Ribeira en risco de desaloxo

27 Abril 2023

A Plataforma Stop Desahucios Barbanza emitiu un comunicado no que se informa da delicada situación dunha familia de Ribeira de catro membros, en situación de vunerabilidade e en risco de quedar sen vivenda. A plataforma lembra que a familia conta co seu firme apoio e, tamén, o da Oficina da Valedora do Pobo, que instou á entidade financeira de Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI) do Grupo Santander a permitir a concesión dun alugueiro social para a devandita familia de Ribeira, o que evitaría o desafiuzamento sinalado, por parte do Xulgado Número 1 de Ribeira, para o mércores 3 de maio.

Dos catro membros da unidade familiar, unicamente traballa un só, dous deles están a estudar e a outra persoa atópase en situación de desemprego e sen prestación algunha.

Nestes momento a UCI está a estudar esta posibilidade para suspender o procedemento xudicial de execución hipotecaria, deixando sen efecto o desaloxo, e a concesión dun alugueiro social de custe asumíbel e por un período de cinco ou sete anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.