Ribeira recibirá de Europa 1 millón de euros para mellorar a accesibilidade nas Abesadas, Mosqueiros e na Ameixida

28 Abril 2023

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicou a resolución do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións, de resultas do cal vaise conceder ao Concello de Ribeira un total de 1.072.119,63 euros de fondos Next Generation para efectuar tres novas actuacións no municipio.

O barrio das Abesadas, no núcleo urbano de Ribeira

Dunha parte, outórganse 875.012,02 euros para a mellora da seguridade e a accesibilidade no entorno escolar do barrio de Abesadas; e, ademais, concédense outros 122.727,27 para a mellora da seguridade e accesibilidade nos Mosqueiros e 74.380,17 euros para unha actuación similar na Ameixida. Cómpre lembrar que tamén o Plan de Turismo Sustentábel prevé actuar nestes dous últimos puntos, no entorno da estrada DP-7307.

Vista aérea da Ameixida

O obxectivo do referido programa reside en contribuír a mitigar as emisións contaminantes e de gases de efecto invernadoiro, mellorar a calidade de vida e facilitar o desenvolvemento dunha mobilidade activa.

Barrio dos Mosqueiros, en Castiñeiras

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.